6.3.18

SAIDA TEATRO A FUNDACIÓN

O alumnado de 1º e 2º de Primaria fomos a ver unha obra de teatro chamada
 " GARBANCITO EN LA BARRIGA DEL BUEY  ".
Gustounos moito e pasámolo así de ben.


MUSEO DE PONTEVEDRA

OS NENOS E NENAS DE CABANAS VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA.
NON PARAMOS DE MOVERNOS E FACER ACTIVIDADES SUPERDIVERTIDAS MENTRAS APRENDIAMOS A OBSERVAR AS OBRAS DE ARTE.

11.2.18

ENTROIDO CABANAS

Este ano celebramos o Entroido na CASA VERDE de Salcedo,
o que nos permitiu lucir os nosos disfraces e os bailes que tiñamos preparados gracias á nosa profe Raquel.
Mirade ben o ben que nos quedou todo.








Noraboa  e grazas a todos e todas: aos responsables da Casa Verde que nos ofreceron este estupendo espazo e nos axudaron en todo,  á empresa de buses Rias Baixas que nos levou hasta alá gratis. Aos nosos profes que prepararon todo tan ben,  as familias por colaborar coma sempre cos disfraces e sobre todo aos nenos e nenas de Cabanas que se portaron estupendamente.

E agora a desfrutar uns días dun merecido descanso.

Se queredes ver máis fotos e un video precioso clicade aquí. e veredes o blogue do 2º ciclo.

4.2.18

DIA ESCOLAR POLA PAZ

O día 31 de xaneiro celebramos no Ceip de Cabanas o "DÍA ESCOLAR POLA PAZ"
Este ano celebrámolo rememorando á escritora  GLORIA FUERTES


O alumnado de 6º A ofreceunos un teatro de sombras con algúns contos da autora e outros  cursos recitaron os seus poemas infantís.

Finalmente saímos ao patio e bailamos todos xuntos. Gracias profe Raquel por ensinarmos actividades tan divertidas.






Tamén  entre todos elaboramos un mural sobre Gloria Fuertes  que nos quedou precioso.







OS DE 4º VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA

A pasada semana o alumnado de 4º xunto coas nosas profes visitamos o sexto edificio do "Museo de Pontevedra"


22.1.18

VIAXAMOS AS 7 MARABILLAS DO MUNDO

Este ano Pataquiña convidounos a viaxar polo mundo para coñecer "AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO"  e xa estamos en pleno viaxe.
Queredes ver o ben que o pasamos descubrindo estes estupendos monumentos?























Seguide atentos que temos moitas cousas importantes que contar de todo o que descubrimos!

20.12.17

PAPA NOEL VISITA CABANAS

NOVAS DE ÚLTIMA HORA!!!!
PAPÁ NOEL
 VISITA 
CABANAS !!!!



27.11.17

EXPOSICIÓN TRABALLOS OUTONO

TRABALLOS OUTONO


Como cada ano queremos agradecer a colaboración das familias dos nosos nenos e nenas posto que, coma sempre, a participación nas actividades propostas foi increible.
Para que vexades as maravillas de traballos que nos presentaron vos mostramos unha mostra delas
Espero que disfrutarades facendo esta actividade en familia tanto coma nos disfrutamos desta extraordinaria exposición.


25 NOVEMBRO

25 NOVEMBRO
DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


Todos temos dúas mans coas que podemos amar, axudar, colaborar,.... e facer moitas cousas maravillosas, pero....NUNCA PEGAR!!!
E  así o quixemos demostrar!!

Podedes ver unha selección de contos para traballar ese tema que nos ofreceu a nosa biblioteca.
Para velo clica aquí.

DEREITOS DA INFANCIA

DEREITOS DA INFANCIA


Un ano máis o 20 de Novembro celébrase o
 "DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA"
 e para recordalo despois de recordalos na clase, fixemos un mural no que cada neno e nena expresou cun debuxo o dereito que lle parece máis importante ou significativo.